9/6/15

Canelita

Chámase Jonatan Vera Granja nado en 1989. Natural de Algeciras (Cádiz) do mítico barrio “La Bajadilla” nestas mesmas rúas viviu o mestre Paco de Lucía, cando Jony “Canelita” entón era un neno que tiña unha voz sorprendente, co apoio da súa familia, empezou a súa carreira meteórica.



O nome de “Canelita” púsollo o cantaor Manzanita, ao escoitalo cantar e dixo: Este neno canta CANELA FINA ten que chamarse Canelita. E así foi.

A súa crianza estivo envolta en antigos cantes escoitando dende o seu berce, respirando fandangos e bulerías, os seus cantos preferidos, pero tamén a rumba e o tango.
Aos 14 anos edita o seu primeiro álbum que dálle entrada ao mundo flamenco. A partir de aquí leva publicados máis de 8 discos.
Os seus seguidores denomínanse Caneliteros.
Actualmente ten 25 anos e acaba de sacar o seu último disco.


Sabemos que tén un futuro inmenso. Deixemos que exprese o seu cante.


1º ESO B TALÍA BORJA E JOYA JIMÉNEZ

Camelle

Un dos lugares que máis me gusta visitar é o pobo dos meus pais. Chámase Camelle  e está situado no concello de Camariñas na ría de Corme-Laxe na Costa da Morte.
Eu vivín moitos anos en Camelle e ía ao colexio da Ponte do Porto hai uns anos mudamos para A Coruña. A min costoume moito a adaptación. O cambio de centro que nesta cidade foi o Salgado Torres. Aquí vivo coa miña nai mentres o meu pai e miña nai maior viven e traballan en Suíza.
Sempre que poido gustaríame volver a Camelle. Espero que este verán poida disfrutar as vacacións nesta vila.
Como dixen anteriormente Camelle é unha vila duns 1.400 habitantes. Perdeu moitísima poboación nas últimas décadas xa que non hai moito traballo pola zona. A maioría da xente, como os meus pais, emigraron cara Suíza e actualmente son moitos os que abandonan a vila para irse ás cidades da provincia da Coruña principalmente a súa capital.
Gústame Camelle polo contacto que hai coa natureza e sobre todo polo mar. Trátase dunha costa moi brava na que viven expertos mariñeiros adaptados a sufrir moitas adversidades. A pesca, o marisqueo e a construción son os oficios que máis se desenvolven neste entorno.
Vista xeral de Camelle

 Un persoeiro curioso que vivíu na nosa vila: Man

Chamábase Manfred Gnädinguer é era alemán. Pertenecía a unha familia numerosa da que eran sete irmáns. Parece ser que estudou artes en Italia e deu clases en Suíza. No ano 1961, nas festas do pobo, as do Espírito Santo, apareceu por aquí e sorpredeulle o entorno e a súa xente. Xa nunca marchou. O que me contaron sorpredeume. A miña familia conta que cando chegou era un home moi elegante e traxeado e de a noite a mañán transformouse nun vagabundo que andaba espido cun taparrabos e que vivíu o resto da vida nunha choupana que construíu sobre as penas perto do peirao do pobo. Ao seu redor facía esculturas abstractas que non sei o que significan.
Din que morreu no ano 2002. Que morreu de pena pola catástrofe que asolou esta costa: o petroleiro Prestige.
As esculturas quedaron aí. Falouse de facer un museo pero un temporal no ano 2010 destruíu gran parte da súa obra.

Resto das esculturas realizadas por Man
Imaxe de Manfred no ano 2000
Imaxes das esculturas antes do temporal do 2010
 1º ESO B ADRIÁN OLVEIRA

29/5/15

Parga

Un dos sitios onde vou con certa frecuencia (en verán ou nas fins de semana) é Parga. Este pobo atópase no concello de Guitiriz (Lugo). Tamén é unha das parroquias deste concello que contaba no 2014 con 446 habitantes. É unha vila  preciosa ten moitas casas de pedra no que destacan algúns edificios singulares que están situados na praza principal e no apeadeiro do ferrocarril (por aquí pasa o tren que vai da Coruña a Lugo). 
Nesta parroquia está situada a fonte de Valdovín que é unha das tres fontes minero-medicinais que hai no concello. Outra das paraxes naturais que posúen un encanto especial é o espazo recreativo da Carballeira situado ao lado do río que leva o mesmo nome. Existen importantes restos prehistóricos como na Pena de Xiboi e varios castros. Tamén é moi interesante o castelo medieval de Parga.
Os lugares de reunión  habitual dos veciños concéntranse en tres bares. O máis coñecido é o CIT os outros dous son  o Comba e a Roda. No CIT fan festa da paella habitualmente, normalmente en verán os fins de semana, lanzan fogos artificiais, montan inchables... ,pero só cando hai festas . As súas feiras son un domingo si un domingo non.. Por ali pasa un dos afluentes do Miño,  o rio Parga. A súa beira hai unha ruta duns 16 km que une unha catidade os muíños deste concello. Hai moita xente que fai esta ruta sobre todo en verán e os fins de semana. Unha das rutas do camiño de Santiago (procedente de Lugo e do norte da provincia atravesa este pobo. A finca dos meus pais está situada nun pobo que pertence a Parga,Ferreira. No verán hai moita xente bañandose no rio, paseando, tomando algo cos amigos... 
Ponte sobre o río Parga situada na vila homónima
 
Fervenza de Ruxida no río Parga     

Río Parga
Vista xeral do pobo de Parga
Área recreativa da Carballeira

1º ESO B. Brais López Mantiñán

17/10/14

Melendi

Naceu en Asturias en 1979. No instituto foi a clase co piloto de  Fórmula 1 Fernando Alonso, ao que lle dedicou unha canción chamada Magic Alonso
Melendi afeccionouse ao fútbol, é así que xogou nas categorías inferiores do Club Astur, filial, por aquel entón, do Real Oviedo. Na mocidade traballou en numerosos bares como camareiro e movíase no mundo da noite, obtendo vivencias que logo formarían parte das letras das súas cancións. No ano 2001, uniuse a un grupo chamado El bosque de Sherwood e pouco despois gravou unha maqueta que contiña unicamente tres cancións: Sin noticias de Holanda, El informe del forense e Vuelvo a traficar.
No ano 2003 logra gravar o seu primeiro disco, en solitario, chamado Sin noticias de Holanda con doce cancións. Ese mesmo anoi saca dous temas novos (Asturias e Moratalá), que tiveron moito éxito. Aínda que o seu verdadeiro salto á fama chegoulle da man da Volta Ciclista a España no 2004, cando a canción Con la luna llena foi elixida como tema oficial. Durante este ano inicia unha pequena xira por España que foi moi importante para darse a coñecer. 
No 2005 edita o seu segundo disco en solitario, titulado Que el cielo espere sentao.,No tamén lanzou 3 temas inéditos (El Nano, La Dama y el Vagabundo e Carlota) e un DVD, no cal móstranse imaxes dun concerto en Oviedo. Ademais recibiu o premio Ondas á mellor canción polo tema Caminando por la vida.
No 2006 anunciouse que sería un dos protagonistas principais do videoxogo de Sony para PSP Gangs of London. Melendi deulle vida a un personaxe, Mr. Big, que era un malvado gángster. Tamén, compuxo para a ocasión o tema Gangs of London, co seu correspondente vídeoclip. Mientras no cueste trabajo editouse este mesmo ano. 
Recibiu o Premio á Mellor Xira no 2007. Tivo que declarar nos xulgados tras provocar un altercado en estado de embriaguez, nun voo dende Madrid con destino a México. Tal foi a gravidade do caso, que obrigou ao comandante do avión a regresar ao sitio de orixe, logo de dúas horas de despegar. Foi posto en liberdade, tras prestar declaración. 
Melendi fundou a oficina Blue Donkey Music, desde o 2006 ata o 2008, esta oficina foi fundada co obxectivo de axudar a aqueles mozos cantantes, que queren iniciar a súa carreira. Ofreceu contrato a 4 grupos: Algunos Hombres Buenos, Rasel, La Dama e Belo y los Susodichos

O 17 de marzo do 2009 coincidindo co principio da súa última xira, publicouse un dobre CD Aún más curiosa la cara de tu padre e ao longo do 2010  emprendeu concertos en España e Latinoamérica. Ao mesmo tempo empezou a compor e preparar o seu novo álbum, Volvamos a empezar.
A min Melendi é un cantante que me gusta moito tanto na letra como na música que tén moito ritmo.

1º ESO B TEO DÍAZ

4/10/14

O Pedrido

Neste pequeno pobo, veraneo cos meus avós. Está situado a poucos quilómetros da Coruña á beira da ría de Betanzos perto desta vila e tamén de Sada, de Miño ou dalgunhas praias como a de Gandarío. Ten unha ponte moi longa que cruza a ría e serviu para conectar entre outros núcleos A Coruña con Ferrol. O enxeñeiro chámase Eduardo Torroja (como anécdota podemos indicar que é o avó de Ana Torroja bocalista do grupo Mecano que tivo moito éxito nos anos oitenta do século pasado e que os seus temas volven a escoitarse de novo na actualidade). Esta ponte a restauraron hai moi pouco. A verdade é   que lle facía falta. É un pobo non demasiado grande, pero a min me gusta, penso que os seus habitantes están moi a gusto de vivir neste sitio que medra moito en poboación sobre todo en verán .Aquí abaixo os deixo esta imaxe da impresionante ponte do Pedrido.
É un pobo pertenecente ao concello de Bergondo onde destacan algúns monumentos como o Pazo de Mariñán (moi perto da praia) e a igrexa románica antigo mosteiro de San Salvador.
Imaxe da antiga ponte do Pedrido que atravesa a ría de Betanzos
Na ría do Pedrido é moi rica en pesca na que se poden atopar especies como a dourada, lubina, robaliza, sarguiños...
Imaxe aérea da ría do Pedrido coa súa ponte
 
Praia do Pedrido
 
Xardíns do pazo de Mariñán á beira da ría do Pedrido

Antigo mosteiro de San Salvador de Bergondo. Moi perto do Pedrido
Invítovos a que veñades a coñecer este espazo. O pasaredes moi ben. Estouvos esperando.


1º ESO B Alejandro Da Silva Garcia